Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Superheroes b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Superheroes b>. Amosar todas as publicacións
venres, 2 de febreiro de 2018
SUPERHEROES
Na clase dos vagalumes de 4 anos xa temos un montón de material dos superheroes que trouxeron os peques, para poder xogar e aprender moitas cousas destos personaxes. E que ben o pasamos!! Moitas grazas familias pola vosa colaboración.
xoves, 25 de xaneiro de 2018
INVÁDENNOS OS SUPERHEROES!!!
Como ben sabedes, ao longo deste trimestre imos traballar os SUPERHEROES. Un tema que aos cativos lles está gustando moitísimo!!!! Tanto é así, que están a aparecer un montón de Superheroes na aula de 3 anos. Fixádevos!!!!
Como lles gusta disfrazarse e loitar contra os villanos!
Por iso... queremos aproveitar para agradecer a vosa implicación e pedirvos que nos sigades axudando a aprender máis cousiñas sobre os Superheroes con información, debuxos, contos... ou calquera outra cousas que se vos ocorra.
Grazas familias!
martes, 23 de xaneiro de 2018
OS SUPERHEROES
Nesta semana pasada tivemos unha sorpresa inesperada, na bilioteca estábannos esperando uns personaxes moi especiais subidos a uns edificios moi altos. Ao principio non sabiamos que eran ata que nos dimos de conta que eran SUPERHEROES . Neste trimestre imos a aprender moitas cousas sobre eles e sobretodo os valores que defenden , o triunfo do ben sobre o mal e o valor da amizade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







