Ola a todos e todas. Somos os pequenos vagalumes do CPI Ponte Carreira.
Neste espazo, creado para amosarvos e compartir o noso día a día, achegarédesvos ao fascinante e máxico mundo da educación infantil .
Agardamos a vosa visita e desexamos que o disfrutedes tanto como nós.
Como pasa o tempo, aló van xa tres aniños e o noso paso pola etapa de infantil chega á súa fin. Danos moita pena deixar de ser vagalumes pero sabemos que é necesario. Para festexalo graduámonos e poñémonos así de guapos.
PARABÉNS MEUS VAGALUMES. QUÉROVOS UN MONTÓN. DIANA.
Hoxe estivemos de festa na clase dos peques de 4º de E.I. porque a nosa vagalume Aroa cumpriu 4 anos. Comimos unha tarta moi boa de chocolate que tiña forma de peixe. QUE RICA!!!
E como somos moi bos tamén unhas chuches, eso sí a cambio dun bico. QUERÉMOSTE AROA!!
Os vagalumes de tres aniños seguimos traballando as emocións. Facémolo de varios xeitos: expresando como nos sentimos hoxe, buscando en revistas aquilo nos fai sentir certa emoción,...
Tamén sabemos que cada un de nós somos únicos, temos os nosos propios gustos: cor, xoguete, debuxos,... Mirade que ben nos quedou o noso átomo de elementos únicos.
Na clase dos peques celebramos o cumpreanos da nosa compi Lolita. Pasámolo moi ben rompendo a piñata de Frozzen que trouxo da que caeron un montón de chuches.
Comimos unha tarta moi boa e lle dimos moitos , moitos bicos. FELIZ CUMPREANOS LOLITA!!!
QUERÉMOSTE!!!!!
Despois de moito pensar e practicar que era aquilo que mellor se nos daba xa temos as nosas conclusións; resultounos difícil escoller porque había varías opacións pero ao final lográmolo e con esta canción que nos ensinou Draco amosámosvos as nosas habilidades. Esperamos que vos guste😅😅😅
O pasado 25 de maio tivemos unha visita especial. Santi, o papá de Elba e Nadya veu ata o cole a contarnos cousiñas das abellas porque sabe un montón. Ademáis trouxonos para probar mel de varios tipos. polen, propóleo e xalea real.
Queredes ver fotos?... Xa sabedes, premede na imaxe.
Os nen@s de 4 anos están facendo abellas moi chulas de plastilina para decorar o cole, aquí vos deixamos unha mostra das manualidades que fan.
Ademais hoxe probaron o propóleo e a algúns nen@s gustoulle moito para prever as enfermidades!