venres, 26 de febreiro de 2021

CUMPRE DE ADELA

 Os nosos vagalumes fanse maiores e a nosa  Adela onte cumpriu xa 5 anos. Celebrámolo facéndolle un debuxo, cantando e desexándolle MOITAS, MOITAS FELICIDADES!!!!

xoves, 25 de febreiro de 2021

FROITA FRESCA NOS RECREOS

Neste mes de febreiro estamos disFRUTAndo de froita fresca nos recreos. Uns días gústanos máis ca outros, pero o importante é ir probando de todo e tomar algunha froita. 

martes, 23 de febreiro de 2021

O ENTROIDO PEQUENO E OS VAGALUMES DE 4 ANOS

 O pasado venres, día 19, para despedir a este entroido tan diferente, celebramos o entroido pequeno. Encántanos porque podemos vir disfrazados do que queiramos. Así de guap@s estabamos. VIVA O ENTROIDO PEQUENO!!!

luns, 22 de febreiro de 2021

O ENTROIDO EN 5º DE INFANTIL

Este ano o Entroido foi un pouco diferente pola situación que nos toca vivir pero foi moi divertido. Como o tema deste ano foi o Camiño de Santiago fixemos un percorrido polo colexio facendo o camiño galego e en cada etapa un xogo.

Empezamos coa nosas credenciais sen cubrir.

domingo, 21 de febreiro de 2021

Entroido Pequeno en 4º de Infantil

O venres foi outra vez "festa" no cole. Celebramos o entroido pequeno e poidemos vir disfrazadas do que quixemos ao cole. Así de guapas viñemos:


O Camiño de Santiago


Candos entramos do recreo o xoves 18 as vagalumes de 4º EI atopámonos esto no banco. Unha sorpresiña de LIBRATO (o rato da biblio) que viña con segundas intencións, jaja. Este conto e estes debuxos serán o punto de arranque dos nosos traballos do novo proxecto: O CAMIÑO DE SANTIAGO!!!, que xa iniciamos no entroido.

E puñémonos contentísimas con esta sorpresa!!!

venres, 19 de febreiro de 2021

XAN PERICÁN E OS VAGALUMES DE 5º DE E.I.

 Os vagalumes de 5º de E.I. fixemos todos os mandadillos que nos mandou Xan Pericán . Somos mooooi obedentes. E así de guap@s quedamos.

mércores, 17 de febreiro de 2021

Imos a Santiago!!!

As vagalumes de 4º de Infantil facemos o noso particular Camiño dende O Cebreiro ata Santiago para acadar a Compostela. Queres velo? Pincha na imaxe

Xan Pericán e as vagalumes de 4º de Infantil


O pasado venres Xan Pericán mandou uns vídeos ao cole porque este ano non poido vir a causa dos cerres perimetrais, pero non quixo deixar pasar este Entroido se os seus mandadiños. Queredes ver os vídeos? Pinchade aquí. No cole temos tamén unha réplica súa pois tamén quixo estar presente aínda que non fose en persoa. E nós fixémolos moi moi ben. Mirade que guapas estamos cumprindo as súas ordes: 

Entroido ou unicornios???

Pero que chulas quedaron as nosas máscaras de unicornios!!! E que guapas estamos con elas. Engadimos tamén aquí a foto de Zoe que a fixo o venres

xoves, 11 de febreiro de 2021

Traballiños coa profe Raquel

Coa profe Raquel as vagalumes de 4º EI fixemos moitas cousiñas. Dúas delas son estes gorros de inverno e estes pingüíns que nos quedaron chulísimos, non si?


Buscando triángulos

Non sabemos o que pasou durante o recreo na aula das vagalumes de 4º. Os bloques lóxicos estaban todos tirados no chan, bueno todos non porque os círculos xa os tiñamos gardadiños. Buscando pola aula atopamos unha gabeta na que había un triángulo e rapidiñonos demos conta!!! Había que buscar os triángulos e poñelos todos na gabeta e... "meu dito, meu feito":


Cumple de Alejandra

Este mes de febreiro comezamos forte coas celebracións. A primeira delas foi o cumple de Ale. Parabéns!!