Amosando publicacións coa etiqueta Día da amizade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da amizade. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de febreiro de 2026

Día do amor, da amizade,...

Estes días tamén estamos traballando a amizade, o amor,... dada a proximidade da celebración do San Valentín. Participamos no concurso de debuxos organizado pola biblio do cole facendo un debuxo daquela persoas ou persoas, animais,... ás que queremos moito. E hoxe depositamos o noso corazón no buzón do amorrrr!!!


martes, 15 de febreiro de 2022

Día da amizade

Onte, 14 de febreiro foi o día da amizade e participamos no concurso do EDLG e BE de debuxos de amor. E moi orgullosos dos nosos debuxos fómolos de positar ao buzón do "amor"


venres, 19 de marzo de 2021

Parabéns Inés!!!

Temos que felicitar á vagalume Inés, de 5º EI, pois resultou ser a gañadora do  CONCURSO DE DEBUXOS DE AMOR-AMIZADE, organizado polo Día da Amizade. 

NORABOA INÉS!!! 

xoves, 14 de febreiro de 2019

FELIZ SAN VALENTÍN!!

Tamén quixemos celebrar esa data facendo unha merenda moi especial. Con diferentes froitas, cada quen fixo a súa "frecha do amor".
Ben ricas estaban!!







E como nos gustaron tanto as nosas "Frechas", levámolas de recordo!!



HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA AMIZADE!!

Os Vagalumes da clase de 4 anos, levamos un tempo falando deste día, comentando a quen queremos moito, de quen estamos namorados, de como debemos coidar aos nosos amigos... 
Por iso, decidimos facer uns debuxos sobre o amor e a amizade e metelos no buzón para participar no concurso que o cole organiza todos os anos.




DÍA DOS NAMORADOS

Hoxe para celebrar o día dos namorados, na clase dos vagalumes de 5 anos, tivemos sesión de cociña divertida. Fixemos unhas frechas do amor con moitas vitaminas xa que as fixemos con froita e unhas brochetas.




Para completar a nosa merenda fixemos tamén uns bodadillos en forma de corazón. Primeiro fixemos o bocata e cun molde en forma de corazón..... quedaron así de chulis.




FELIZ DÍA FAMILIAS!!!!

mércores, 21 de febreiro de 2018

O DIA DOS NAMORADOS

O pasado 14 de febreiro celebrouse o día dos namorados e da amizade e os vagalumes fomos a meter no buzón do amor e a amizade os nos debuxos para participar no concurso desta celebración. MOITA SORTE A TODOS!!!





martes, 14 de febreiro de 2017

Día da amizade

Que ben o pasamos os vagalumes de 5 aniños festexando o día da amizade..., aínda que xa sabemos que este é un valor que debemos ter presente todos os días hoxe quixemos que fose un día especial. Bicos, apertas, achuchóns, corazóns,.... e para rematar fixemos o noso debuxo que depositamos no buzón da biblio para participar no concurso de TARXETAS DE SAN VALENTÍN organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do cole. 

Hoxe deixamosvos unha fotiño depositanto o noso debuxo no buzón.







































SAN VALENTÍN

Hoxe celebramos o  San Valentín, día do amor e a amizade no cole. Por iso, os vagalumes de 3 aniños fixemos o noso debuxo de a quen queremos e descubrimos que xa nos queremos moito todos. Con estes debuxos fumos á biblioteca  metelos nun buzón especial. Tamén fixemos uns corazóns moi chulis  FELIZ SAN VALENTÍN!!!!!!








luns, 15 de febreiro de 2016

Día do amor e a amizade

Onte foi o día do amor e da amizade e hoxe os vagalumes de 4 anos quixemos festexalo. Fixemos uns corazóns moi chulos que, logo de darnos moitos abrazos porque somos moi amigos e nos queremos un montón, agasallámosllo a un compi. E botamos moito de menos ás nosas compis Elba, Noe e Ainara que hoxe non viñeron porque están "pachuchiñas" e deixámoslles unha mensaxe:

QUERÉMOSVOS MOITO, MOITO E DESEXAMOS QUE VOS POÑEDES BEN AXIÑA. MOITOS BICOS.



E tamén fixemos corazóns con tizas, porque nos gustan moito os corazóns e porque aínda nos gusta máis pintar coas tizas; tamén estivo connosco o vagalume Álex de 5 anos.