xoves, 27 de febreiro de 2020

CUMPRE DE ADELA

Á volta das vacacións de entroido os vagalumes de 3 anos xa estivemos de festa, porque a nosa Adela fixo os catro anos e celebrámolo comendo unha tarta e unhas chuches, e dándolle un montón de bicos. MOITAS FELICIDADES ADELA!!!!





venres, 14 de febreiro de 2020

CUMPRE DE ALEJANDRA!
O luns celebramos o cumpreanos de Alejandra. Xa ten 5 anos. Troúxonos agasallos para todos, sopramos as velas e démoslle un montón de bicos! MOITAS FELICIDADES ALE!!!




xoves, 13 de febreiro de 2020

Xoves de comadres...

Hoxe festexamos o xoves de comadres. Debido a problemas de producción (jajaja) tivemos que facer un cambio na celebración dos compadres e comadres; non nos importou porque o pasamos xenial disfrutando destas tradicións do noso entroido.


















Ao rico chiculate....

Que rico, rico, riquísimo estaba o chiculate con churros que tomamos polo Día da Paz.







venres, 7 de febreiro de 2020

Compadres e comadres

Inmersos xa no entroido hoxe adicámonos a facer os compadres e as comadres. Costounos un pouquiño dobrar o xornal pero conseguímolo!!! E quedáronnos chulísimos









xoves, 6 de febreiro de 2020

Pombas pola paz

Para festexar o Día da Paz, os vagalumes de 5 anos fixemos unhas pombas coa man que nos quedaron moi chulas. Non si?