Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. No Ponte o venres 21 e o luns 24 fixemos moitas actividades en torno á autora. 

Lecturas, murais e programa de radio. E, como non, non faltou o CALDO DE GRORIA. 



martes, 18 de febreiro de 2025

Kahoot de Rosalía de Castro.

 Achégase o Día de Rosalía. Propoñémosche este xogo elaborado polo Departamento de Lingua Galega. Anímate con este KAHOOT e demostra o que sabes sobre a autora, deixámoche o enlace clicando na imaxe.


luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Como cada 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía, e no colo non ía ser menos!!
Por iso preparamos estas máscaras tan especiais.


luns, 26 de febreiro de 2018

24 de Febreiro... Día de Rosalía!

Os vagalumes tamén quixemos colaborar na elaboración da casa de Rosalía a través dun puzzle moi particular. Puxemos moito empeño para que quedara así de ben!


venres, 23 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra. Día de Rosalía

Este é o resultado final para festexar o Día de Rosalía. Graciñas a todas aquelas familias que nos enviastes fotos. Esta semana no cole tamén fixemos a Casa de Rosalía e adornamos as súas fiestras e hoxe escoitamos recitados de obras da autora e bailamos o "Merengue Rosalía".
  E esta é a Casa de Rosalía. Gústavos?



mércores, 21 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra

Cantas fotiños temos xa grazas á vosa colaboración para festexar o Día de Rosalía. Mirade, mirade...


 























 
 





Podedes ver as fotos dos alumnos de primaria e eso en: https://natualingua.blogspot.com.es/2018/02/abrideafiestra_19.html

venres, 10 de marzo de 2017

#Rosalíate

Coincidindo co DÍA DE ROSALÍA, o pasado 24 de febreiro, e en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, fixemos este fotomontaxe para o que solicitamos a vosa colaboración.
Dende aquí queremos dar as grazas a todas as familias que colaborastes connosco para facer esta fermosa actividade; aquí vola deixamos para que vexades que ben quedou. 





mércores, 24 de febreiro de 2016

O DIA DE ROSALIA

Hoxe 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, e os vagalumes de 5 anos pintamos uns debuxos moi bonitos desta poetisa galega tan importante para a nosa cultura. QUE CHULOS QUEDARON!!!