Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-2018. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de xullo de 2018

sábado, 30 de xuño de 2018

O son que me arroupa

O pasado 1 de xuño poidemos disfrutar un ano máis, grazas á colaboración do Concello de Frades, da actuación "O son que me arroupa", da Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy, para o alumnado de preescolar na casa, Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. Xa sabes, preme na imaxe e... fotiños!!!

https://photos.google.com/share/AF1QipMImIcW0GWB49DuTmHSdRvta0xznwumbxg3XjpPJ-kaadY4H6a7VNMO6ZMJAVpUMA?key=cUtleE9LOHNtai1HYTZRc1p4ckJzX1c1SWtPN2dn

xoves, 28 de xuño de 2018

Froita fresca nos recreos

Durante as semanas do 4-8 e do 11-14 de xuño tomamos moita, moita froita nos recreos, dentro do Plan Proxecta: amorodos, cereixas, melocotón,... Preme nas imaxes e verás...

https://ardoradoalbeiroenflor.blogspot.com/2018/06/froita-nos-recreos-do-4-ao-8-de-xuno.html

http://ardoradoalbeiroenflor.blogspot.com/2018/06/froita-nos-recreos-do-11-ao-14-de-xuno.html


mércores, 27 de xuño de 2018

Ponlle as pilas ao teu bocata

No pasado 19 de xuño, o alumnado de infantil e primaria poido desfrutar de saborosos bocatas grazas á iniciativa "Ponlle as pilas ao teu bocata". Tras a charla todos preparamos o noso bocata do xeito máis saludable e saboroso posible.
Non podes perderte as fotos deste día, preme na imaxe:



Se queres saber máis sobre esta iniciativa fai click na imaxe:



O sabor da aventura está no mar

Un ano máis, disfrutamos dos obradoiros do programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR. 
Podes ver fotiños premendo na imaxe


Se queres saber máis cousiñas deste programa preme na imaxe.

mércores, 20 de xuño de 2018

CUMPRE DE AROA

Hoxe tivemos festa na aula de 4 anos porque celebramos o último cumpreanos deste curso, o da nosa Aroa, que estaba moi emocionada. A súa mami fíxonos unha tarta preciosa e moi rica que comimos todos ata que algún se lle puxo a lingua azul  😁, Aroa repartiu unhas chuches e nós dímoslle un montón de bicos. MOITAS FELICIDADES!!!

 





xoves, 7 de xuño de 2018

MOITAS FELICIDADES DAVID!!

O curso está chegando ao seu fin e, como moitos nenos e nenas cumpren anos durante o verán, estámolos a celebrar por adiantado!!
Hoxe fixo a súa pequena festa DAVID, e dicimos pequena porque seguimos con varios cativos enfermos que se perderon este día tan especial.
De todos modos, David estivo acompañado polo resto de compañeiros, os cales lle deron moitos bicos e apertas!!

PARABÉNS!!!!



sábado, 26 de maio de 2018

Arte no cómic

O pasado 12 de marzo acudimos á exposición ARTE NO CÓMIC en Santiago e pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. Queres velo? Pois... preme na imaxe e verás.


luns, 21 de maio de 2018

PAKOLAS....

Que ben o pasamos hoxe no concerto de Pakolas.... xa temos ganas de repetir. Queres velo?... De seguro que sí, pois preme na imaxe.


xoves, 17 de maio de 2018

X ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

Queres ver que ben o pasamos na X ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS???? Adicadas a María Victoria Moreno. Preme na imaxe e verás. Nos próximos días subiremos os vídeos das nosas actuacións




Puzle letra Galegas 2018

Todo comezou cuns anacos de papel en branco para converterse nalgo fantástico. Queres velo? Pois dalle ó play e disfruta...

María Victoria Moreno, Letras Galegas 2018

Esta é a nosa pequena homenaxe ás nosas letras, AS LETRAS GALEGAS 2018

martes, 15 de maio de 2018

PARABÉNS PABLO E NICOLÁS!!

Onte estivemos de celebración por partida doble. PABLO e NICOLÁS estiveron de aniversario!!
Que bonito é ver como estes pequenos se van facendo maiores...



venres, 4 de maio de 2018

COCIÑANDO

Hoxe os vagalumes de catro anos estivemos moi atarefados cociñando, para celebrar a chegada da primavera fixemos plátanos e amorodos con chocolate. Estaban boísimos, pero o mellor de todo foi arrepañar o chocolate que sobrou. QUE RICO!!




Brincamos con... PACO NOGUEIRAS

Xa sabedes o que pasado 27 de abril tivemos unha visita moi especial: Paco Nogueiras veunos ofrecer un concerto do seu libro-disco BRINCA VAI. Queres ver que ben o pasamos? Pois preme na imaxe... 

https://photos.google.com/share/AF1QipPGKJLiek8NtJWLoCrVo0QN5d6BumF43D1czVFYTCOpz2S9xzZ5BdSCWasnZvCfHw?key=QVBISE1tMDVzUmJuX05tQko0cVNlelBrX2dtek9R

luns, 30 de abril de 2018

Os vagalumes de 5 anos pasámolo en grande con Paco Nogueiras. Mirade que guapos quedamos co seu sombreiro e as súas lentes.

SOMOS PACO NOGUEIRAS POR UN DÍA!!

Para desfrutar da visita de Paco Nogueiras ao cole, decidimos disfrazarnos del mesmo. Unha sorpresa que lle gustou moito!! 
Mirade que guapos e guapas nos puxemos e que ben o pasamos bailando as súas cancións!


FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE GABRIEL!!

Este venres tivemos a oportunidade de celebrar o cumpreanos de Gabriel, outro pequeno vagalume que se está facendo maior.
MOITAS FELICIDADES!!!