Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de abril de 2021

Día do Libro 2021

Ola familias, xa está próximo o DÍA DO LIBRO e dende o Equipo de Biblioteca, como xa saberedes, propóñennos unha actividades superchula. 

Animádevos a CONVERTERVOS NA PORTADA DUN LIBRO, que @s nos@s vagalumes, e familias, sexan os protagonistas dos seus libros preferidos. 

Toda a información no blog da biblio: 


venres, 19 de marzo de 2021

Parabéns Inés!!!

Temos que felicitar á vagalume Inés, de 5º EI, pois resultou ser a gañadora do  CONCURSO DE DEBUXOS DE AMOR-AMIZADE, organizado polo Día da Amizade. 

NORABOA INÉS!!! 

xoves, 5 de novembro de 2020

4º E.I. visita a Biblioteca

Hoxe as vagalumes de 3 aniños visitamos por primeira vez a biblio co cole. Acompañounos LIBRATO.

Librato vive na biblioteca, e contounos cales eran as normas daquela casa e como había que tratar os libros, cal era o noso recuncho e como estaban colocados os libros. 

Estivemos atentísimas e fixémonos moi amigas de Librato.

Foi unha visita super-especial na que disfrutamos cos libros un montón, e sempre, sempre cumprindo as normas. 




mércores, 4 de marzo de 2020

Kalandraka.... vén ó cole!!!

Mañá recibiremos, un ano máis, a Sara e Álex da editorial Kalandraka. Uns contadores de contos con música xeniais e que nos gustan moito, moito.


domingo, 26 de maio de 2019

Contacontos Kalandraka

Aínda nos vos amosaramos o ben que o pasamos o 14 de febreiro con Sara e Álex, de Kalandraka, e todos os contos e historias que nos contaron. Preme na imaxe e verás.


martes, 6 de febreiro de 2018

CONTACONTOS KALANDRAKA

O semana pasada disfrutamos dunha sesión moi, moi especial de contacontos. Os encargados foron Sara e Álex que, un ano máis, os enviou Kalandraka ao noso cole. Gustounos un montón....; as fotos xa sabes... premendo na imaxe.




martes, 7 de novembro de 2017

O Samaín na biblio

Na derradeira semana de outubro celebramos o Samaín. Un ano máis, os mestres Fran e Julio deixaron saír a súa faceta artística e fixéronnos pasar uns minutiños.... de algo de medo, risas, choros, máis risas. 
Un bruxo na busca de Aigor.... esta é a historia que nos contaron na biblio. E viñéronnos buscar polas aulas. 

martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe, 24 de outubro, é o cumpreanos das bibliotecas escolares. E nós quixemos celebralo dun xeito especial. Queredes ver que agasallo lle fixemos á nosa biblioteca?... premede na imaxe e veredes

https://photos.google.com/share/AF1QipP1V0fnscUR3jQBJSJP6u9ruRaGmv-LWbepoPim_X2FP5bSD4R6lt0npJcQepg0Mw?key=eGRCZXA0WGJsN1JuWWdYdUNhb0I0VXR6eFlWLVpn