mércores, 21 de febreiro de 2018
#AbrideAFiestra
Cantas fotiños temos xa grazas á vosa colaboración para festexar o Día de Rosalía. Mirade, mirade...
O DIA DOS NAMORADOS
O pasado 14 de febreiro celebrouse o día dos namorados e da amizade e os vagalumes fomos a meter no buzón do amor e a amizade os nos debuxos para participar no concurso desta celebración. MOITA SORTE A TODOS!!!
Día da Lingua Materna
Hoxe é o Día da Lingua Materna e dende aquí queremos presentarvos ALÍ, unha páxina chea de recursos e materias en galego para os peques de 0-6 anos: para ler, para ver, para escoitar, para falar,...
E así o celebramos no colexio!!
Enchemos a nosa árbore de palabras fermosas en galego.
luns, 19 de febreiro de 2018
DESPEDIMOS O ENTROIDO
O pasado venres, e con moita pena, despedimos o Entroido por este ano. Pero fixémolo cunha festa de disfraces do máis orixinal!! Mirade que guap@s e divertid@s viñemos ao cole.
mércores, 14 de febreiro de 2018
Festa do entroido
Que ben o pasamos no desfile do entroido cos nosos disfraces de superheroes...; e despois a comerrrr... filloas, orellas, rosquiñas, periquitos,... Queres velo? Preme na imaxe.
E mirade que superheroes máis guapos que temos. @s Increíbles de 3 anos, os Spiderman e Spiderwoman de 5 anos e os Robíns e Robinas de 5. Serás capaz de recoñecelos?
xoves, 8 de febreiro de 2018
4º MANDADIÑO
Hoxe vimos tod@s, cumprindo o penúltimo mandadiño do Xan Pericán 2018, cun bigote moi chulo.
A que estamos guapísimos!!!
A que estamos guapísimos!!!
mércores, 7 de febreiro de 2018
3º MANDADIÑO
Seguimos cos mandadiños e hoxe vimos tod@s moi guap@s cos nosos antifaces. A ver si nos coñecedes.
Lembrade que mañá:
Lembrade que mañá:
Como somos de Frades,
pinta un bigote
o xoves de comadres
martes, 6 de febreiro de 2018
CONTACONTOS KALANDRAKA
O Entroido e os Bolechas
Queres pasar anacos divertidos este Entroido na compaña dos Bolelchas???? Preme na imaxe e descubrirás todo o que precisas saber cos Bolechas: xogos, contos,...
2º MANDADIÑO DO NOSO XAN PERICÁN
Para continuar co mandadiño de Xan engadimos ao noso sombreiro unha elegante garavata Mirade que guap@s!!
E lembrade que mañán:
E lembrade que mañán:
O mércores, presumido virás
se te pos un antifaz.
luns, 5 de febreiro de 2018
CHEGOU O ENTROIDO!!
Esta semana comeza o Entroido no cole, e o mandadiño de Xan Pericán temos que cumprir.
Por iso hoxe tivemos que traer ao cole un sobreiro!!
Ben elegantes viñemos tod@s.
Lembrade o mandado de mañá:
"O MARTES, DÍA DE PIÑATA,
PONTE UNHA GARAVATA".
sábado, 3 de febreiro de 2018
Festa da Paz
O pasado 30 de xaneiro festexamos o DÍA DA PAZ mediante xogos cooperativos. Pasámolo xenial. Este foi o resultado:
E despois chiculate con churros. Riquísimo!!!! Premede na imaxe e veredes.
E despois chiculate con churros. Riquísimo!!!! Premede na imaxe e veredes.
venres, 2 de febreiro de 2018
Facendo pompas
Que ben o pasamos os vagalumes facendo pompas de xabón na clase de psicomotricidade con Julio
DÍA DA PAZ
Na aula de 5º de infantil tamén fixemos as nosas gafas da paz, quedaron moi chulas e moi hippies. QUE GUAP@S!!!
PAZ e AMOR para tod@s.
PAZ e AMOR para tod@s.
SUPERHEROES
Na clase dos vagalumes de 4 anos xa temos un montón de material dos superheroes que trouxeron os peques, para poder xogar e aprender moitas cousas destos personaxes. E que ben o pasamos!! Moitas grazas familias pola vosa colaboración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




























































