mércores, 4 de marzo de 2015

Icía ten un irmá!!!

Hoxe foi o primeiro día que Icía veu ao cole dende que naceu o seu irmá Antón o pasado venres.
Estaba algo nerviosa pero moi contenta e orgullosa do seu irmá. Díxonos que era moi pequeniño e que sempre quería tomar a teta,...
Fixemos un mural con fotos que nos enviaron os seus papás e falamos moito, moito sobre os bebés. Tanto nos gustou o tema que imos facer un pequeno proxecto sobre os bebés, que xa empezamos hoxe.
Polo de agora aquí vos deixamos unha foto de Icía co collage que fixemos do seu irmá Antón. Mirade que orgullosa que está.