venres, 18 de setembro de 2015

Sorpresa!!!!

OTO, a mascota do vagalumes de 4 anos xa chegou ao cole despois destes meses de vacacións cos seus amiguiños LÚA e BIMBA (que tamén andan polo colexio).
Menuda sorpresa nos levamos cando oímos un ruído estrano que viña do corredor.


A porta abriuse e... alí estaba OTOOOOOO. Agardando a que lle mandásemos pasar, porque é moi educado. Foi José o que se decidiu a collelo.


Despois todos lle demos unha benvida á nosa aula que, de seguro, non esquecerá. Díxonos que está encantadísimo de coñecernos e que está desexando emprender aventuras con cada un de nós, pero primeiro quere pasar uns días na aula para coñecernos mellor e logo.... visitará as nosas casas.



BENVIDO OTO!!!

Ningún comentario: