domingo, 4 de decembro de 2016

Casa-Museo Manuel María

Na maña do 5 de novembro, unha mañá moi fría, collemos rumbo a Outeiro de Rei para visitar a Casa-Museo de Manuel María, a quen se lle adicaron as Letras Galegas este ano. Aló tamén facía moito, moito frío pero adentrámonos nunha casa máxica, acolledora,... quentiña,... e pasamos un tempo achegándonos á figura de Manuel María, de como foi a súa vida na súa casa natal, o cuarto onde naceu, unha biblioteca cos leus libros, o seu estudio onde escribía, o salón,...
Hai o salón... a que non sabedes o que había naquel salón? Nin máis nin menos que un cofre e quedámonos coa dúbida de se Malapata sabía da nosa visita e quixo acompañarnos.


Despois, a media mañá saiu o sol. E saiu con forza, hai que agustiño se estaba... pois aproveitamos para saír ao que antigamente era a horta da casa e tomar alí a nosa merenda e xoguetear un pouquiño. 



Ningún comentario: