xoves, 25 de xaneiro de 2018

INVÁDENNOS OS SUPERHEROES!!!

Como ben sabedes, ao longo deste trimestre imos traballar os SUPERHEROES. Un tema que aos cativos lles está gustando moitísimo!!!! Tanto é así, que están a aparecer un montón de Superheroes na aula de 3 anos. Fixádevos!!!!





Como lles gusta disfrazarse e loitar contra os villanos!

Por iso... queremos aproveitar para agradecer a vosa implicación e pedirvos que nos sigades axudando a aprender máis cousiñas sobre os Superheroes con información, debuxos, contos... ou calquera outra cousas que se vos ocorra.
Grazas familias! 

Ningún comentario: