luns, 12 de novembro de 2018

BO DÍA!!!

Neste curso estamos incorporando novas rutinas coas que tratar de inculcar nos nenos e nenas da aula cousas tan básicas como ser quen de saudar e dar os bos días cada mañá, ademais doutras fórmulas de cortesía como despedirnos, pedir as cousas por favor, dar as grazas, etc.
Por tanto, o encargado do día levará a cabo esta tarefa coa axuda dos seus compañeiros, e onde terán que escoller unha das opcións para saudarse (dándose a man, chocando os cinco, bailando, cunha aperta...) e pronunciando as palabras máxicas "BO DÍA".
Así, na mañá de hoxe, tocoulle a Nicolás recibir os saúdos de todos e cada un dos membros da clase, incluída a profe!!
Pásano pipa e sen darse conta de que están aprendendo.






Ningún comentario: