domingo, 15 de novembro de 2020

O MAGOSTO EN 4º EI

A semana pasada (9-13 de novembro 2020) foi unha semana adicada ao magosto na aula das vagalumes de 3 anos. Fixemos moitas actividades: o cestiño para o magosto, unha castamóbil, "tocamos ourizos" (dentro están as castañas),  pintamos unha castaña con pintura de dedos, tivemos a festa do magosto na que comemos castañas ata fartar e os compis de 6º EP viñeron contarnos un conto que nos gustou moito: "A castaña que rebentou coa risa". 










Ningún comentario: