martes, 27 de abril de 2021

Información ás familias

Ola familias recordade que é importante mandarlles todos os días a funda para gardar a máscara durante a hora do comedor.

Recordámosvos tamén que revisedes a mochila d@s vagalumes todos os días, pois poden levar algunha información relevante. A pesar de que a comunicación directa é a través do CLASS DOJO - que tamén é conveniente revisar- ou ABALAR - comunicados do centro-, nalgunha ocasión levan algún tipo de documentación e/ou información, por exemplo os papeis de pago de comedor, a particpación na carreira solidaria,...

Procurade ser puntuais á hora de entrada e recordade que non se pode acceder ás aulas a non ser que as titoras ou calquera persoal do centro volo solicite, tampouco se pode entrar no centro a non ser que se teña cita ou que se volo solicite. 

 


EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ningún comentario: