luns, 10 de xaneiro de 2022

Agasallos na aula!!!

Que sorpresa nos levamos hoxe canto chegamos á aula!!!. Ao carón a árbore había un montón de agasallos. E algúns tiñan o noso nome!!! Outros eran para a aula. 

Pero... quédanos unha dúbida: non sabemos quen foi. Serían os Reis Magos? Papá Noel? Ou tal vez o Apalpador que decidiu voltar pola noite e deixárnolos porque nos portamos moi ben cando veu de visita? Ahh... o caso é que nos fixo moita, moita ilusión. 








E aquí temos gardadiños os de Lucas, Lúa, Lía e Carla que hoxe non viñeron ao cole. 

Ningún comentario: