venres, 11 de marzo de 2022

martes, 8 de marzo de 2022

CUMPRE DE NOELA

Seguimos coas celebracións na clase de 5 anos. Hoxe tivemos o cumpre da nosa Noela que nos trouxo unhas chuches superdivertidas. Moitas grazas Noela e MOITAS  FELICIDADES!!!!

xoves, 3 de marzo de 2022

CUMPREANOS DE ADELA

Hoxe na clase de 6º de E.I. celebramos o cumpre de Adela que fixo 6 anazos. 

Cantamos, "soplamos as velas" e repartimos unhas chuches que nos trouxo moi ricas.

 Moitas grazas Adela e moitas FELICIDADES!!!!

sábado, 19 de febreiro de 2022

XAN PERICÁN xa chegou!!!

Onte a medio día apareceu no cole o XAN PERICÁN disposto a facernos pasar unha semana antroideira cos seus mandadiños. 

E como os vagalumes máis peques lle collemos un pouco de medo fomos saudalo de cerca e tocalo. Algo de medo quitamos 


E XA SABEDES, O LUNS DE COR AZUL VESTIRÁS E UN BO DÍA PASARÁS

Chegou o Entroido!!! COLGA DO MECO


Hoxe damos por inaugurado o Entroido no cole!!! Coa COLGA DO MECO inciamos unha chea de actividades para pasar o entroido ao grande. 




martes, 15 de febreiro de 2022

Día da amizade

Onte, 14 de febreiro foi o día da amizade e participamos no concurso do EDLG e BE de debuxos de amor. E moi orgullosos dos nosos debuxos fómolos de positar ao buzón do "amor"


venres, 4 de febreiro de 2022

Froita fresca nos recreos

Durante os vindeiros 15 días distribuiremos froita fresca nos recreos, polo que non é necesario mandar merenda aos vagalumes, se así o considerades. A DISFRUTAR COA FROITA!!!

Os días e froitas distribuídas son:



Día da Candeloria

O pasado 2 de febreiro foi o DÍA DA CANDELORIA, o día do casamento dos paxariños, o refrán di que "a partir da Candeloria ningunha ave voa soa" e así o fixemos na aula mixta. Este día sinala ademais que a metade do inverno vai fora ou está por pasar Mirade que manualidade máis chula fixemos sobre o casorio dos paxariños: 


martes, 1 de febreiro de 2022

Día da Paz na aula mixta

Que ben o pasamos o pasado 28 de xaneiro adicándolle a xornada á PAZ.

1. FIXEMOS UNHA COROA CHULÍSIMA




2. PEGAR AS NOSAS POMBAS COA PALABRA PAZ EN DIFERENTES IDIOMAS



3. BAILAR "VIVAN LAS MANOS DE COLORES"


4. COMO NON... TOMAR O CHICULATE CON BISCOITOS!!!



E A ALGÚNS SAIUNOS BIGOTE, JAJAJA. QUE RICO ESTABA!!!

luns, 31 de xaneiro de 2022

A árbore da Paz 2022

 Porque da igual no idioma que falemos sempre ten que reinar a PAZ!!! Así quedou a nosa árbore da Paz coa palabra PAZ en varios idiomas. 


domingo, 30 de xaneiro de 2022

xoves, 27 de xaneiro de 2022

CUMPRE ANTÓN

 E seguimos coa festa na clase de 5 anos, hoxe tócalle ao noso  Antón que fixo 6 anos. Para celebralo sacamos a nosa tarta e a Bimba. Tamén Antón repartiu unhas chuches moi chulas. MOITAS FELICIDADES ANTÓN!!!!!           

martes, 25 de xaneiro de 2022

CUMPRE NOA

Hoxe tivemos festa na clase de 6º de infantil, a nosa Noa fixo 6 anos e celebrámolo coa super tarta , a nosa mascota Bimba e as chuches que nos regalou a cumpreañera. MOITAS FELICIDADES NOA!!!!

luns, 24 de xaneiro de 2022

Parabéns Lucas!!!

Novamente festa na mixta, pois facémonos maiores!!!. O turno hoxe foi para Lucas que onte cumpriu 5 aniños e hoxe foi o seu día no cole. 


domingo, 23 de xaneiro de 2022

Invernoooo!!!

 Que frío fai estes días pola mañá no cole (e menos mal que logo sae o solete e da moito gusto)!!! Falando do frío que fai no inverno os vagalumes da aula mixta, un día da semana pasada saiu na nosa conversa matutina que había lugares donde facía moito frío como "de donde ven Papá Noelllll (jajaja)". E nós quixemos facer maxia coma este persoeiro de Nadal e trasladarnos ao Polo Norte. Empregamos una dos rescursos moi usados no cine, o croma: sacamos fotos atabiados con chaquetas, gorros, bufandas, guantes, orelleiras,... cunha tea verde de fondo verde, buscamos imaxes do Polo Norte e.... coa tablet fixemos maxia. Mirade mirade, que frio facía aló!!!





mércores, 12 de xaneiro de 2022

CUMPRE LÍA

E os nosos vagalumes seguen medrando, hoxe celebramos o cumpre da nosa Lía.

           PARABÉNS LÍA!!!!!

luns, 10 de xaneiro de 2022

CUMPRE DE MATEO

A verdade que hoxe no inicio do segundo trimestre foi un día de moitas  emocións, despois dos agasallos dos Reis Magos tivemos a celebración do cumpreanos de Mateo que xa fixo 6 anos. Estes vagalumes medran moi axiña !!!! PARABÉNS MATEO!!!


Agasallos na aula!!!

Que sorpresa nos levamos hoxe canto chegamos á aula!!!. Ao carón a árbore había un montón de agasallos. E algúns tiñan o noso nome!!! Outros eran para a aula. 

Pero... quédanos unha dúbida: non sabemos quen foi. Serían os Reis Magos? Papá Noel? Ou tal vez o Apalpador que decidiu voltar pola noite e deixárnolos porque nos portamos moi ben cando veu de visita? Ahh... o caso é que nos fixo moita, moita ilusión. 



REIS MAGOS

 Hoxe ao chegar ao cole levamos unha sorpresa moi bonita. Os Reis Magos pasaron pola clase de 6º de infantil e deixáronnos uns agasallos que nos encantaron. Unhas combas e uns xogos para a clase!!

domingo, 2 de xaneiro de 2022

Visitas de Nadal

Os derradeiros días de cole do primeiro trimestre tivemos dúas visitas.... que nos gustaron moito, moito. O luns 21 visitounos o CARTEIRO REAL, veu buscar as cartas que lles escribimos aos Reis Magos. E o martes 22 veu o APALPADORRR... e tróuxonos un agasallo rico, rico.